Resolve o misterio
do ciclo integral da auga

Ao abrir a billa da cociña, nas fontes dos parques ou no baño cando cepillas os dentes xusto antes de durmir... Se te fixas ben, a agua está presente en moitos lugares e é fundamental para moitas das tarefas que facemos cada día.

Pero, como chega ata a billa das nosas casas ou ata o baño do colexio? Por que podemos bebela sen medo e non acontece o mesmo coa auga da choiva, por exemplo?

E despois? Cando utilizamos a auga e desaparece polo sumidoiro, onde vai? Esvaécese? Ou segue un camiño ata chegar a un lugar secreto?

Todo o que hai detrás da xestión do ciclo da auga é un gran misterio no que están implicados un gran número de profesionais. O seu excepcional traballo diario fai posible que poidamos gozar deste recurso natural tan valioso.

Por iso, nomeámoste investigador/a da auga! A túa misión consiste en resolver este misterioso enigma e descifrar de onde vén a auga que consumimos cada día e onde vai despois de utilizala.

Para iso terás que debuxar o teu lenzo de detective, resolvendo unha a unha as pistas que che farán descubrir toda a verdade sobre a xestión do ciclo da auga.

Preparado/a para solucionar este incrible reto?

Pon en marcha a túa astucia e imaxinación e comeza a deseñar!

Se queres participar en papel, descarga aquí a folla, que debe asinar o teu papá/mamá, e entrégaa nunha oficina de Aqualia.